imprimir

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA ESPECIALIZADA NA OFICINA DE TURISMO ESPAÑOLA EN ROMA DURANTE OS ANOS 2021-2022

21. 05. 03

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española
de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B).

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2021 e 2022 cunha duración máxima de 18 meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira.
A data prevista de incorporación do/da bolseiro/a ao seu destino é o 1 de xullo de 2021, estando condicionada á dispoñibilidade na oficina da Consellería de Turismo en destino, manténdose en todo caso a duración total de 18 meses contados a partir da data de incorporación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210430/AnuncioG0256-200421-0001_gl.pdf