imprimir

CONVOCATORIA DAS BOLSAS JAE INTRO SOMdM

21. 05. 13

Finalidade
Iniciación na carreira científica nas diferentes áreas, mediante ata 50 bolsas para estancias en Centros de Excelencia «Severo Ochoa» e Unidades de Excelencia «María de Maeztu» do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o 14 de maio ata o 15 de xuño de 2021. As solicitudes cumprimentaranse unicamente utilizando o formulario dispoñible nos servidores de información do CSIC: https://sede.csic.gob.es/Intro2021SOMdM

Consulta o texto íntegro da convocatoria: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatorias

https://www.boe.es/boe/dias/2021/05/11/pdfs/BOE-B-2021-23436.pdf