imprimir

CONVOCATORIA DAS BOLSAS SANTANDER SKILLS/ DIGITAL TRAINING BUSINESS MANAGEMENT - IE UNIVERSITY

21. 06. 22

N.º Bolsas: 2.000

Obxecto: reforzar as habilidades de liderado e xestión comercial.

Destinatarias/os: persoas estudantes e as/ os profesionais maiores de idade nacionais e/ou residentes en Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, México, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Uruguai que queiran mellorar as súas habilidades de liderado e o seu coñecemento de xestión comercial, impulsando o seu rendemento laboral, cun nivel intermedio de español e inglés.

Modalidade: en liña, en español e/ou en inglés.

Cursos (a seleccionar un):
◾Da xestión comercial ao peche de vendas (español).
◾Xestión de equipos: mellorando a experiencia da persoa empregada na contorna dixital (español).
◾Customer Centricity (español).
◾Leadership in Times of Uncertainty (inglés).

Duración: os cursos comezarán na segunda semana de setembro de 2021 e as persoas beneficiarias da bolsa dispoñerán de 4 semanas para completar o curso, sendo a dedicación mínima final de entre 6 e 8 horas e contarán co apoio do profesorado asistente que lles irán guiando durante o programa.

Contía: a bolsa inclúe matrícula e cursos.

Solicitudes: https://lnkd.in/dB2Wi7p

Prazo: ata o 13/07/2021 ás 23:00 h.

Máis información: https://lnkd.in/dWRy-r6