imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA 6 BOLSAS PARA A FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO

21. 07. 01

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
ORDE do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR809A).

Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento ou nas oficinas das axencias da Organización das Nacións Unidas.

O prazo para a presentación da solicitude e da documentación requirida na base cuarta será dun (1) mes a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210701/AnuncioG0595-210621-0006_gl.pdf