XUNTA DE GALICIA CONVOCA 164 BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE PARTICIPE NO CURSO 2021/2022 EN PROGRAMAS DE INTERCAMBIO CON PAISES EXTRACOMUNITARIOS, AGÁS O PROGRAMA ERASMUS+

21. 09. 15

164 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

INSCRICIÓNS: Ata o 30/09/2021.

REQUISITOS:

Persoas matriculadas no curso 2020/21 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia).

Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

REMUNERACIÓN
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED441B: https://lnkd.in/e_Swcci6

MÁIS INFORMACIÓN
DOG 31/08/2021: https://lnkd.in/eFJ2FRKW
Portal educación: www.edu.xunta.gal
Teléfono: 981 544 430

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210831/AnuncioG0598-180821-0004_gl.pdf