imprimir

CORTES XERAIS CONVOCA 15 BOLSAS DE FORMACIÓN ARQUIVÍSTICA, DOCUMENTAL E BIBLIOTECARIA, RELACIONADA COA ACTIVIDADE DO SENADO PARA O ANO 2022

21. 09. 30

CORTES XERAIS

Acordo do 28 de setembro de 2021, da Mesa do Senado, polo que se convocan bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2022.

As bolsas outórganse cunha duración dun ano (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022) e consistirán en doce pagos por meses vencidos, de oitocentos (800) euros brutos. 
 
O Senado dará de alta ás persoas que obteñan a bolsa no réxime xeral da Seguridade Social, cotizando por todas as continxencias comúns e profesionais legalmente establecidas, coa excepción das de desemprego, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional, de conformidade co disposto pola lexislación vixente en materia de Seguridade Social.
 
As bolsas son improrrogables e incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período, así como co desempeño de calquera actividade laboral.
 
 
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará ás 24:00 horas do día 28 de outubro de 2021.
 
https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/30/pdfs/BOE-A-2021-15903.pdf