imprimir

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE "BECAS EIFEEL" DO MINISTERIO PARA EUROPA E DE ASUNTOS EXTERIORES DE FRANCIA

21. 11. 15

Obxectivo: capacitar ás futuras pesoas responsables estranxeiras, dos sectores privado e público, nas áreas de estudos prioritarios, e tamén estimular as solicitudes do estudantado de países emerxentes e, de máximo 25 anos de idade para o nivel de máster, e de países emerxentes e industrializados e de máximo 30 anos de idade respecto ao nivel de doutoramento.

O programa de “Becas Eiffel” consta de dous compoñentes:
• Un compoñente máster, que permite financiar unha formación que conduce á obtención dun diploma de nivel master, de 12 a 36 meses.
• Un compoñente doutoramento, que permite financiar mobilidades de 12 meses.

Áreas de estudos para o máster e o doutorado:
-Ciencia e tecnoloxía :◾Bioloxía e saúde ◾Transición ecolóxica ◾Matemáticas e dixital ◾Ciencias da enxeñaría.
-Ciencias humanas e sociais: ◾ Historia, lingua e civilización francesa ◾ Dereito e ciencias políticas ◾ Economia e xestión.

Candidaturas:
◾ Nacionalidade: persoas candidatas de nacionalidade estranxeira.
◾ Idade:
-Nivel máster: ter 25 anos de idade e nados despois do 31 de marzo de 1996.
-Nivel doutorado: ter 30 anos e nados despois do 31 de marzo de 1991.
Orixe das candidaturas: só son admisibles as candidaturas presentadas por institucións francesas.
◾ Estudos: son elexibles as persoas candidatas susceptibles de incorporarse nunha formación que outorga un título de nivel máster, incluídas as escolas de enxeñarías, e as persoas candidatas a doutoramento. Só son elexibles as formacións acreditadas polo Estado francés.
◾ Nivel de lingua francesa: correspondente ao nivel esixido para a formación.

Contías:
◾ Prestacións nivel máster: importe mensual de 1.181 € (1.031 € por gastos de manutención + 150 € de indemnización mensual).
◾ Prestacións nivel doutoramento: 1.700€ (dende o 1er de xaneiro de 2021).
◾ Máis o pago directo doutras prestacións: consulta o apartado 5 das bases da convocatoria de becas: https://lnkd.in/gHzCTzEk

📝 Solicitudes: as institucións de educación superior francesas preseleccionán ás persoas candidatas entre as/os mellores estudantes estranxeiras/os que desexan recibir en formación.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

📅 Prazo: ata o 07/01/2022.

🌐 Para máis información, preme nas seguintes ligazóns:
https://lnkd.in/efQRnAj
https://lnkd.in/gHzCTzEk