imprimir

FUNDACIÓN LA CAIXA CONVOCA 100 BOLSAS DE POSTGRAO NO ESTRANXEIRO

21. 12. 16

Convocatorias de bolsas 2022 da Fundación "la Caixa".

100 Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación superior do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico para persoas con nacionalidade española ou portuguesa.

Os estudos son de máster, doutoramento ou proxectos predoctorais de investigación científica e técnica.
A convocatoria comprende todas as áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration
(MBA).

Duración: 24 meses.

Dotacións:

Dotación mensual: en función do país de destino.
Dotación única inicial: dunha mensualidade para gastos de instalación xerais.
Outras dotacións adicionais: gastos de visado, viaxes, reembolso de ata 5 solicitudes de admisión, un seguro médico e unha dotación final.

Candidaturas: https://lnkd.in/dsUmSQE

Prazo: 02/02/2022.

Máis informaciónhttps://lnkd.in/dMvwq4d8

35 Bolsas de Doutoramento INPHINIT INCOMING para a mocidade investigadora de todas as nacionalidades, para levar a cabo o doutoramento nos mellores centros e unidades de investigación españois e portugueses que contan con distinción de excelencia.

Esta modalidade céntrase exclusivamente nas disciplinas STEM: ciencias da vida e a saúde, ciencias experimentais, física, química e matemáticas.
Programa de formación presencial en habilidades transversais.

Duración: 3 anos.

Dotación máxima total: 122.592€.

Centros: centros españois acreditados cos distintivos Severo Ochoa ou María de Maeztu, Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III e centros portugueses avalados como excelentes pola Fundação per a Ciência e a Tecnologia.

Candidaturas: https://lnkd.in/dsUmSQE

Prazo: 27/01/2021.

Máis información: https://lnkd.in/dh8tR2id

30 Bolsas de Doutoramento INPHINIT RETAINING para a mocidade investigadora de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina en España e Portugal.

Todas as áreas de coñecemento.

Programa de formación presencial en habilidades transversais.

Duración: 3 anos.

Dotación máxima total: 122.592 €.

Centros: calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.

Candidaturas: https://lnkd.in/dsUmSQE

Prazo: 16/02/2022.

Máis información: https://lnkd.in/dJfRDykf