imprimir

BOLSAS SEPI PARA FACER PRÁCTICAS NO SECTOR DOS SEGUROS

21. 02. 02
 

Un ano máis a Fundación SEPI deu luz verde ao seu programa de prácticas en colaboración co Consorcio de Compensación de Seguros, unha iniciativa que ten como finalidade facilitar a persoas tituladas universitarias ou de FP de grao superior poder levar a cabo un período de prácticas nalgunha das delegacións que o Consorcio de Compensación de Seguros ten en España.

Nesta ocasión, convocáronse un total de catro prazas e as prácticas terán un duración total de doce meses e estarán dotadas cunha contía económica de 885 euros ou á parte proporcional que corresponda, en función da data de incorporación ás prácticas.

Ademais, aos bolseiros/as en formación que teñan que desprazarse fóra da provincia do seu domicilio habitual, como consecuencia da concesión dunha bolsa deste programa, incrementaráselles a asignación en 180 euros mensuais máis.

Por iso, e segundo recollen as bases desta convocatoria, o goce dunha bolsa deste programa será incompatible coa realización de calquera actividade por parte dos/as bolseiros/as en formación práctica retribuída, xa sexa por conta propia ou allea.

  • Requisitos de acceso ás bolsas

Para poder acceder a unha das prazas de prácticas convocadas, todas as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos de carácter xeral. O primeiro deles é estar disposto/a a fixar a residencia no lugar no que se vaia a desenvolver a bolsa adxudicada así como non ser beneficiario de ningunha outra bolsa da Fundación SEPI.

En canto aos requisitos específicos, un deles é concluír os estudos conducentes ás titulacións oficiais que se especifican nesta convocatoria e que son: Enxeñería Industrial ou Enxeñería Informática, ciclo formativo de Grao Superior en Edificación e Obra Civil, ou en Informática e Comunicacións, ou en Instalación e Mantemento.

No caso no que os/as candidatos/as presenten a súa solicitude cun título de máster, requirirase que a titulación que lle facultara para acceder ao máster, pertenza a algún dos campos de estudo ou áreas solicitadas.

Tamén poderán presentar a súa candidatura a estas bolsas aqueles candidatos/as que sexan estudantes de enxeñería superior ou de máster e que aprobasen todas as materias necesarias para a obtención do título que corresponda, con excepción do proxecto fin de carreira.

As persoas interesadas en participar nesta convocatoria teñen ata o próximo 7 de febreiro para enviar a súa solicitude e a súa incorporación producirase o 22 de marzo, tras pasar as dúas fases do proceso de selección que consisten nunha pre-selección de candidaturas e unha entrevista persoal co xurado.

Toda a información aquí