imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA RETORNA MOCIDADE PARA PERSOAS GALEGAS RESIDENTES NO ESTRANXEIRO INTERESADAS EN RETORNADAS E CURSAR DETERMINADOS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

22. 08. 22

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna mocidade, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2022/23 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B)

Esta orde ten por obxecto establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cincuenta e catro prazas (54) para o acceso da mocidade galega do exterior, ás ensinanzas formación profesional relacionadas no anexo III que se desenvolverán en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2022/23. Xunto coa praza na ensinanza solicitada, concederase unha bolsa para a viaxe, o aloxamento e a manutención.

Persoas destinatarias

Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que cumpra o disposto no artigo 3.

Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser menor de 40 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir no estranxeiro.

d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

e) Cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:

– Ser emigrante nacido/a en Galicia.

– Ser emigrante non nado/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nado/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.

O prazo para presentar solicitudes será de 45 días naturais, que se contarán desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59.59 horas (hora peninsular española) do día no que finalice o dito cómputo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-050822-0001_gl.pdf