imprimir

CONVOCATORIA DAS BOLSAS AXENCIA EFE E FUNDACIÓN LA CAIXA PARA FACER PRÁCTICAS REMUNERADAS NA ÁREA DE XORNALISMO E COMUNICACIÓN

22. 09. 06
Nesta edición, convócanse 10 bolsas destinadas a alumnos de último curso do Grao en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual de universidades españolas, cunha duración de 18 meses.
 
Como se desenvolven as prácticas?
 
Na primeira fase, as prácticas realízanse nas delegacións da Axencia EFE nas distintas Comunidades Autónomas.
 
Durante o segundo período de nove meses, as prácticas desenvólvense en delegacións internacionais da Axencia EFE en Europa, países iberoamericanos, América do Norte, África e Asia.
 
As bolsas contan cunha dotación mensual de 650 euros durante o primeiros nove meses, e de 1.500 euros en cada un dos nove meses de prácticas internacionais no estranxeiro.
 
Ademais, cada bolseiro/a recibirá unha axuda para o desprazamento, cun importe de 500 euros para destinos europeos e de 1.000 euros para destinos internacionais. Así mesmo, estas bolsas cobren o importe total da matrícula no Máster en Xornalismo Transmedia da UNED e a Axencia EFE, así como un seguro multiasistencia de viaxe.
 
Persoas destinantarias:
 
Para solicitar unha destas bolsas é necesario estar matriculado/a no último curso do Grao en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, cun mínimo de 30 créditos ECTS por cursar.
 
Tamén será requisito indispensable dominar o castelán e a lingua propia ou cooficial da Comunidade Autónoma na que se realicen as prácticas.
 
Así mesmo, a persoa aspirante ao programa de bolsas deberá ter un bo expediente académico, inglés e, no seu caso, do idioma necesario para realizar as prácticas nas delegacións internacionais da Axencia EFE.
 
As persoas interesadas poden enviar a súa instancia ata o próximo 15 de setembro de 2022 por correo electrónico en formato PDF, a través da dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
O proceso de selección desenvolverase por concorrencia competitiva e constará dunha proba escrita e unha entrevista persoal co comité de selección.
 
A partir do 27 de setembro, darase a coñecer o nome dos candidatos pre-seleccionados e citaráselles para a proba escrita, que se celebrará en Madrid e Barcelona o próximo 30 de setembro.