imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL

22. 09. 23

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2022/23 (código de procedemento ED421A).

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23.

Para os incluídos nos números 2 e 3 do anexo do decreto, a contía máxima asignada será de 835,80 euros para os da epígrafe A) e de 591,00 euros para os da epígrafe B). 

A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.

Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito a persoa beneficiaria. 4. A repartición da axuda efectuarase en función dos criterios de avaliación previstos no artigo 12 desta orde ata esgotar a asignación orzamentaria ou, de ser o caso, o seu incremento.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220923/AnuncioG0655-130922-0004_gl.pdf