imprimir

SECRETARIA XERAL DO CONSELLO DE EUROPA CONVOCA PRÁCTICAS REMUNERADAS

21. 03. 05

Apertura do prazo para solicitar as prácticas remuneradas da Secretaría Xeral do Consello.

Obxectivo: que as persoas solicitantes experimenten de primeira man o traballo da institución e adquiran coñecementos prácticos sobre o traballo da Unión Europea.

Funcións: a preparación de reunións e actas; a asistencia a reunións dos órganos preparatorios do Consello e do COREPER; a redacción de informes e a investigación sobre proxectos concretos.

Nº Prazas:
100 prazas para prácticas remuneradas.
20 prazas para prácticas obrigatorias non remuneradas.
6 prazas para prácticas remuneradas realizadas por persoas con diversidade funcional.

Requisitos:
Ter a nacionalidade dalgún país membro da UE.
Titulación universitaria (en eidos como Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais ou Economía, aínda que tamén se procuran outras titulacións).
Nivel mínimo de C1 en inglés e/ou francés.

Duración: setembro 2021 a xeneiro 2022.

Prazo: ata o 15/03/2021.

Máis información:
https://lnkd.in/gT4FJhG

Guía de prácticas da Fundación Galicia Europa: https://guias.fundaciongaliciaeuropa.eu/