XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS

24. 08. 09

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 29 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25 (código de procedemento ED421A).

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.

b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2023.

c) Estar matriculadas, no curso académico 2024/25, nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.

d) Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2024/25.

e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

A contía da axuda cubrirá o importe das materias en que se matricule por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial, segundo os prezos públicos que se establezan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2024/25. 2. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 4 de outubro de 2024.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240809/AnuncioG0761-300724-0001_gl.pdf