imprimir

UNHA EXCELENTE FERRAMENTA PARA A INSERCIÓN LABORAL

16. 03. 30
 
O Programa Integrado A Estrada Activa 2015/2016 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada nace coa intención de converterse nun referente no tratamento integrado da inserción laboral e o fomento do emprego do noso concello, abranguendo actividades de información, orientación e asesoramento,formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas,técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea,habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral.
 
O programa integrado desenvolvese, dentro dun plan de emprego dirixido pola Fundación que leva parexas diferentes actividades formativas para desempregados e emprendedores, de xeito que o desenvolvemento do emprego non quede soamente como unha iniciativa puntual, senón que exerza unha función verdadeiramente dinamizadora e continuada no tempo.
 
Aposta pola inserción laboral acompañando os desempregados nun itinerario formativo que permita armalos con todas as ferramentas dispoñibles no mercado actual. 
 
Axuda a toda persoa, portadora dunha idea de negocio, a desenvolver e levar a cabo o seu proxecto na nosa comarca través de diferentes xornadas especificas para eles.
 
O emprendedor  pode atoparse con numerosas dúbidas ou temas ás que se enfronta por primeira vez durante o proceso de creación e posta en marcha dun proxecto empresarial.
 
A situación de partida de cada emprendedor é tamén diferente, e pode ir dende un punto inicial no que se dispón da motivación para crear a empresa, ou xa se está a buscar a idea empresarial ou se quere realizar un plan de negocio para determinar a viabilidade técnica, comercial, económica e financeira da mesma.  Facilitar que este percorrido dende a idea ao proxecto empresarial, se realice coa maior garantía de éxito, a través da capacitación dos emprendedores, o asesoramento e o acceso a información do seu interese.
 
O número de participantes do programa integrado é de 60 persoas que tiñan que estar inscritas como demandantes de emprego.
Dende o remate da primeira fase de selección de participantes que finalizou o 29 de setembro do 2015 comezamos coa fase de formación e de intermediación laboral. 
 
En canto a formación realizamos a seguintes accións colectivas:
 
- Información e asesoramento do Plan Integrado:  Presentación das accións a realizar durante este ano 2015 e entrega do material necesario para asistir a formación e planificar a procura de emprego. Neste senso entregamos carpeta, folios, bolígrafos, lápiz con goma e axenda 2015-2016.
 
-Formación en Orientación Laboral: Diagnóstico ocupacional. Currículo e carta de presentación. Esta formación é imprescindible ao inicio da procura activa de emprego para que cada persoa se defina profesionalmente elixindo un ou varios perfís profesionais, é dicir, saber de que vou a procurar traballo. Unha vez temos definidos o/os perfís profesionais comezamos coa realización de currículos específicos para cada posto de traballo e a realización de cartas de presentación. A metodoloxía que utilizamos para realizar esta formación e moi dinámica e participativa basada en técnicas de coaching grupal e individual.
 
- Dúas Edicións do curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (60h). O obxectivo desta formación é capacitar as persoas asistentes para o desempeño das funcións no nivel básico de prevención de riscos laborais que e Lei esixe a tódalas empresas coñecendo os dereitos e os deberes dos traballadores e empresarios en materia preventiva, así como a regulamentación básica aplicable nos respectivos postos de traballo.
 
-Emprender baixo a fórmula cooperativa. Programáronse tres xornadas de cooperativismo dirixidas aos sectores de  agricultura, limpeza e coidado de persoas que se realizaron os días 18, 20 e 24 de novembro de 2015.  O obxectivo é coñecer a fórmula cooperativa , amosar as particularidades, características e vantaxes  deste modelo empresarial cos seguintes contidos: modelo cooperativo: características, recursos e ferramentas para por en marcha unha cooperativa, axudas económicas e subvencións, tipos de cooperativas, como xestionar unha cooperativa de maneira eficiente.
 
-Alfabetización informática e teleformación.  A formación realizouse do 19 ao 23 de outubro. O obxectivo é  acadar unha formación suficiente para desenvolverse coas TIC en calquera ámbito profesional dun xeito autónomo e multidisciplinar.
Curso práctico de xestión laboral e contratación, contabilidade e práctica contable e actualización fiscal co sofware  e  e
 
Once dos 60 usuarios cos que traballamos teñen como obxectivo profesional traballar como administrativ@. O principal obstáculo co que se atopan é que están desactualizados en contabilidade, fiscalidade ou contratos é nóminas; para solventalo estamos a realizar talleres de 30 horas cun software de xestión moi solicitado nas ofertas de emprego A3 Asesor.
Curso de Gesl@n ERP, ferramenta de xestión empregada en moitas empresas para de planificación de recursos empresariais  que son sistemas de información xerenciais que integran e manexan moitos negocios asociados coas operación de produción e dos aspectos de distribución  dunha compañía na produción de bens e servizos. 
 
-INGLÉS.  O programa comeza a formación en idiomas no mes de outubro con cinco grupos, dous de nivel básico nos que contamos que ao remate do Plan Integrado de Emprego os alumnos poidan presentarse as probas para acadar o B1, un de nivel avanzado que prepara para poder pasar as probas do nivel B2, e dous grupos de inglés para administrativ@s, un de nivel básico e outro de nivel avanzado. As clases realízanse todos os sábados de nove da maná ata a unha e media na aula Cemit da Fundación Cultural.
 
-Manipulador de alimentos, carne imprescindible e obrigatorio para traballar en calquer sector de alimentación, polo que se impartiu a vinte un participantes do Programa Integrado o xoves 19  de novembro na aula multimedia da Fundación Cultural.
 
 
- Máster de dinamización e atención sociosanitaria en institucións xeriatricas, curso en modalidade on line para tres persoas do Plan integrado que xa teñen a titulación de Atención sociosanitaria e esta formación é complementaria para mellorar o seu currículo.
- Formación de adultos, temos persoas do Programa que están matriculados na Educación Secundaria Obrigatoria e necesitan clases de apoio, polo que están recibindo sesión diarias de formación para reforzar o aprendido na aula.
- Dúas edición do Curso teórico-práctico de Operador de Equipos de Traballo: a maior parte dos participantes no Programa realizou este curso, polo que fixeron falta dúas edicións, no cal obtiveron a formación específica de  Operador de Aparatos Elevadores de 6 horas e ademais 24 horas de formación en varios equipos de traballo como son as carretillas elevadoras, plataformas elevadoras móbiles de persoal, grúa autocargante sobre camión e transpaleta eléctrica; diplomas que lle van a ser validos para desempeñar o seu traballo en diferentes empresas como almacéns, supermercados, fábricas, etc.
 
- Curso de Montador de andamios: fixemos este curso para un usuario de PIE, que sempre traballou no sector da construción e impartíuselle esta formación teórica e práctica necesaria para poder montar, desmontar andamios con eficacia e seguridade. Desta maneira ten unha certificación cada vez máis demandada polas empresas de construción e de estruturas que é obrigatoria para traballar en obra e aumentan as súas posibilidades de atopar un emprego neste sector..
- Xornadas de solicitude da acreditación da experiencia profesional e Recoñecemento da experiencia profesional, para todas aquelas persoas participantes do Programa Integrado que cumprisen os requisitos habilitouse unha aula con ordenadores para axudarlles a solicitar a acreditación das competencias adquiridas a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais dentro do prazo establecido na orde correspondente e nas familias profesionais que saíron convocadas. Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral
 
Aparte das acción colectivas tamén se levaron a cabo varias accións individuais con tódolos participantes encamiñadas á elaboración dun currículo vitae que é a primeira ferramenta indispensable para presentar a unha oferta de traballo ou a unha empresa, practicáronse entrevistas de traballo e xestionáronse varias ofertas de emprego tanto on line como de maneira presencial.
 
Outra parte fundamental que se está facendo dende o Programa Integrado A Estrada Activa  é a intermediación laboral con 100 empresas que levamos visitado tanto do noso Concello como de Concellos limítrofes de diferentes sectores como pescadería, panadería, supermercados, carpinterías de aluminio, carpinterías de mobles, comercios, seguros, perruquerías, farmacias… para ver as posibles ofertas de emprego así como a posibilidade de realizar prácticas non laborais e non remuneradas co obxectivo  de que os participantes adquiran unha experiencia máis para o seu currículo e teñan a posibilidade real de traballar nunha empresa relacionada co seu fin profesional.
Con todo isto feito ata o momento levamos 28 persoas que atoparon un traballo en sectores como:
 
Panadería
Perruquería
Comercio de roupa
Restaurante
Empresa de electricidade
Pescadería
Soldador
Centro de ocio infantil
Supermercados
Empresas de aluminio
Empresas de novas tecnoloxías
 
 E 8 persoas que están no período de prácticas en empresas nos seguintes sectores: .
Supermercado.
Empresa de madeira.
Panadería