imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS GALERIAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT215C).

Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran cos seguintes requisitos:

a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021.

b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.

c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado. d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210803/AnuncioG0598-220721-0001_gl.pdf