MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
Orde ICT/1090/2021, do 1 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente a 2021 de concesión de subvencións correspondentes ao «Plan de modernización da máquina ferramenta» das pequenas e medianas empresas.
Mediante esta orde establécense as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente ao exercicio 2021, das subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar a realización de investimentos na adquisición de novas máquinas ferramenta que formen parte do proceso produtivo das pequenas e medianas empresa (en diante PEMES) industriais e que contribúan á súa modernización.
O ámbito xeográfico dos investimentos obxecto de axuda será a totalidade do territorio nacional.
Esta orde só será de aplicación para as axudas concedidas ata o 31 de decembro de 2021.