imprimir

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO PROGRAMA EXPERIENCIAS TURISMO ESPAÑA

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo abriu o prazo para optar ás axudas do programa Experiencias Turismo España, financiado na súa primeira convocatoria con 26 millóns de euros procedentes dos fondos de recuperación Next Generation EU.

As solicitudes poderán presentarse ata o próximo 15 de marzo.

Para a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, "o Programa Experiencias Turismo España vai mellorar a oferta experiencial que España pon ao dispor dos seus visitantes e atraer turismo de calidade.

Este novo programa vai potenciar o valor do noso rico patrimonio material e inmaterial relanzando a autenticidade dos territorios e as súas poboacións para a súa promoción internacional.

Unha aposta pola calidade e a excelencia do noso modelo turístico que reforza a España como líder turístico a nivel internacional".

Cun orzamento total de 100 millóns de euros ata 2023, esta iniciativa persegue aumentar e mellorar as experiencias que compoñen a oferta turística de España, impulsando iniciativas innovadoras e transformadoras de experiencias de ámbito nacional ou que se desenvolvan polo menos en tres comunidades autónomas, co fin de facilitar a súa promoción en mercados internacionais.

Atención especial ao Xacobeo

Do primeiro montante de 26 millóns de euros, cinco millóns reservaranse a proxectos que teñan relación co Ano Xacobeo.

A contía máxima por cada axuda será de dous millóns de euros, e a mínima, de 200.000 euros.

De acordo ás bases reguladoras da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial do Estado o pasado 11 de xaneiro, estas axudas diríxense a asociacións, fundacións, agrupacións de interese económico, empresas turísticas ou pemes, e entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística. As solicitudes presentaranse no rexistro electrónico do Ministerio, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.

Para axudar aos posibles interesados na presentación das súas solicitudes elaborouse unha Guía do Participante, así como un documento de preguntas frecuentes.

Desde a publicación da orde de bases que regula esta convocatoria, está operativo a caixa de correos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., desde o que se atenden dúbidas dos posibles beneficiarios.

Para a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, "o Programa Experiencias Turismo España vai mellorar a oferta experiencial que España pon ao dispor dos seus visitantes e atraer turismo de calidade.
 
Este novo programa vai potenciar o valor do noso rico patrimonio material e inmaterial relanzando a autenticidade dos territorios e as súas poboacións para a súa promoción internacional. Unha aposta pola calidade e a excelencia do noso modelo turístico que reforza a España como líder turístico a nivel internacional".
 
Cun orzamento total de 100 millóns de euros ata 2023, esta iniciativa persegue aumentar e mellorar as experiencias que compoñen a oferta turística de España, impulsando iniciativas innovadoras e transformadoras de experiencias de ámbito nacional ou que se desenvolvan polo menos en tres comunidades autónomas, co fin de facilitar a súa promoción en mercados internacionais. Atención especial ao Xacobeo Do primeiro montante de 26 millóns de euros, cinco millóns reservaranse a proxectos que teñan relación co Ano Xacobeo. A contía máxima por cada axuda será de dous millóns de euros, e a mínima, de 200.000 euros.
 
De acordo ás bases reguladoras da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial do Estado o pasado 11 de xaneiro, estas axudas diríxense a asociacións, fundacións, agrupacións de interese económico, empresas turísticas ou pemes, e entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística.
 
As solicitudes presentaranse no rexistro electrónico do Ministerio, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://www.mincotur.gob.es/PortalAyudas/experiencias-turismo-espana/Paginas/Index.aspx
 
Para axudar aos posibles interesados na presentación das súas solicitudes elaborouse unha Guía do Participante, así como un documento de preguntas frecuentes.
 
Desde a publicación da orde de bases que regula esta convocatoria, está operativo a caixa de correos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., desde o que se atenden dúbidas das posibles beneficiarias.
 
Liñas de actuación
 
Os proxectos que se presenten á convocatoria deberán enmarcarse nunha das tres liñas seguintes:
 
Innova: Ten como obxectivos impulsar e fortalecer as redes de actores e crear narrativas sobre experiencias inspiradoras que constrúan relatos a nivel país; mellorar recursos; impulsar a mellora da sustentabilidade turística e profundar na transformación dixital dos procesos das Experiencias Turismo España.
 
Integra: Pretende impulsar que a experiencia turística incorpore no seu deseño, de maneira normalizada e adaptada ás distintas realidades, o contexto produtivo local próximo aos destinos a través das dinámicas de economía circular; as comunidades locais e a diversidade de perfís e segmentos no deseño de experiencias.
 
Comunica: Busca mellorar a comunicación das Experiencias Turismo España e convertelas nun dos piares da promoción exterior do noso país. Os ámbitos relacionados coa seguridade e a resiliencia terán especial atención.