imprimir

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A PROXECTOS DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 21-22 DENTRO DO PROGRAMA O TEU XACOBEO

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 21-22 dentro do programa O teu Xacobeo, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento TU300A).

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria anual, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 21-22 que se celebren entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2022, co obxectivo principal de colaborar na programación sociocultural do Xacobeo 21-22 para a promoción e potenciación de Galicia, así como para o reforzo á dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (código de procedemento TU300A).

As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:

Liña 1. Persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Liña 2. Entidades sen ánimo de lucro: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Teñen a consideración de gastos subvencionables, que terán que xustificarse polas persoas ou entidades beneficiarias de conformidade co disposto nestas bases reguladoras, aqueles gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de maio ata o 31 de outubro de 2022. O custo da adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor de mercado.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220316/AnuncioG0256-110322-0001_gl.pdf