XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2022 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT402C).

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro, e convocar as ditas axudas para o ano 2022 (código de procedemento CT402C).

Poden ser beneficiarias das distintas modalidades das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, segundo a modalidade a que se presenten.

Poden ser tamén beneficiarias, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, segundo a modalidade a que se presenten.

Estas bases de subvencións comprenden as modalidades que seguen:

A. Artes escénicas.

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado/a de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado/a de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición de asistencia ou participación á feira ou mercado obxecto da solicitude.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia, en espazos escénicos que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios, consistente na realización dun mínimo de cinco representacións, en ningún caso máis de catro representacións no mesmo espazo 

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

B. Música.

Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade B.2: subvencións para a representación de espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da presentación da solicitude o/s contrato/s/ convite/s con contido económico, para a realización da actividade para a que se solicita subvención.

Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición de asistencia ou participación á feira ou mercado obxecto da solicitude.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220429/AnuncioG1097-110422-0003_gl.pdf