imprimir

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES CONVOCA OS PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311E).

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal (código de procedemento ED311E) correspondentes ao curso 2021/22 para o alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

Poderá optar aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

c) Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220711/AnuncioG0655-300622-0001_gl.pdf