imprimir

AMPLIADO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVEN. EXPLICÁMOSCHE CÓMO

OS/AS MOZOS/AS NADOS EN 2004 poden SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVE: 🎟️ 400€ para gozar da cultura!

En que se pode gastar? O bono novo cultural estará dividido en tres apartados, para fomentar o descubrimento e o acceso a diversas expresións culturais: 

- 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais.

- 100 euros para produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray.

- 100 euros para consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

Como solicito o bono?
 
A identificación dos/as beneficiarios/as realizarase única e exclusivamente por medios dixitais.
 
 
Con SISTEMA cl@ve: https://clave.gob.es/clave_Home/registro/Preguntas-frecuentes.html .Na Estrada podes pedila na Tesourería da Seguidade Social con cita previa chamando ao teléfono: 986 590 200
*Nota: Para obter a cl@ve é preciso ter xa cumpridos os 18 anos, polo que se recomenda ás persoas que aínda non os teñan, que o fagan mediante certificado dixital. Proximamente o goberno habilitará unha alternativa para estos casos.
 
Recomendación: Debes facer a solicitude a través dun ordenador, se ao finalizar che da problemas para asinar, volta a abrir a solicitude esta vez dende un teléfono móbil e quedarache presentada! 
 
Como funciona? A xestión do Bono Cultural Xoven realizarase a través dunha web e unha app específicas, nas que se presentarán as solicitudes. Unha vez concedida a axuda, recibirase unha tarxeta prepago virtual para o seu uso a través do dispositivo móbil. Tamén estarán dispoñibles en formato físico para quen o requira. A tarxeta estará identificada cun número e a identidade do beneficiario/a.
 
Os 400€ poderanse utilizar durante os 12 meses seguintes á súa concesión.
 
Prazo de solicitude: 31 de outubro
 

INFORMACIÓN PARA EMPRESAS QUE QUEIRAN ADHERIRSE: https://www.culturaydeporte.gob.es/destacados/bono-cultural-joven?fbclid=IwAR2EdS2B1LLWF0ZuICFWoFmf99OT7RCh1tusdTnoPI4V_M6fl8jLZu4LHc0

INFORMACIÓN PARA MOZOS/AS QUE QUEIRAN SOLICITALO: https://www.culturaydeporte.gob.es/destacados/bono-cultural-joven?fbclid=IwAR2EdS2B1LLWF0ZuICFWoFmf99OT7RCh1tusdTnoPI4V_M6fl8jLZu4LHc0

SOLICITUDES: https://bonoculturajoven.gob.es/?fbclid=IwAR3eDeVsq_I8lQSWgLUEgdNWs4HkPVj-uLyDHAGhnCLnGBE9AZc_pXbj3gI