XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS

21. 04. 13

Instituto de Estudos do Territorio
RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das
axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento MT402A).

En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.
Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.
Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia.
Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.
Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.
Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional, adaptada aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.
Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

Só caberá presentar unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír
máis dunha actuación

Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:
a) Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, tales como, entre outros, os materiais e a man de obra.
b) Gastos correspondentes a honorarios facultativos devindicados pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións, así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización. Estes custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.
c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

Poderán optar ao recoñecemento da axuda:
a) As persoas físicas titulares dun ben inmoble, recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.
b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e abranguerá ata o 31 de maio de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.pdf 

GUÍA DE COR E MATERIAIS EN GALICIA