XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS LIBRARIAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN DO LIBRO E DA LECTURA NO 2021

21. 05. 12

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 28 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2021, e se procede á súa convocatoria para o dito ano (código de procedemento CT224C).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a condición de ser titulares de libraría, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, de acordo co establecido nesta orde (código de procedemento CT224C).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, en 2021.

A axuda non pode superar en ningún caso os 3.000 € por libraría.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210512/AnuncioG0598-300421-0001_gl.pdf