imprimir

AXUDAS Á HOSTALERIA DO CONCELLO DA ESTRADA : 1000 EUROS POR ESTABLECEMENTO

21. 05. 12

O Concello da Estrada  formalizou a sinatura dun convenio de colaboración coa Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e coa consellería de Emprego e Igualdade, para a CONCESIÓN DE AXUDAS AO SECTOR DA HOSTALERIA  cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias a causa do COVID, o cal foi ratificado polo pleno o pasado 13 de maio. 

O obxecto do convenio é AMPLIAR O PLAN DE RESCATE PROPOSTO POLA XUNTA DE GALICIA DANDO UNHA MAIOR COBERTURA AO SECTOR DA HOSTALERIA ESTRADENSE.

CAL É O IMPORTE DA AXUDA?

1.000 EUROS POR HOSTALEIRO/A (súmanse ao importe aboado pola Xunta para a mesma finalidade)

CÓMO SE TRAMITA?

Non é preciso realizar ningún tipo de solicitude nin trámite. A axuda será concedida e efectivamente aboada a todas aquelas persoas pertencentes ao sector da hostalería estradense que se acolleron (e lles foi concedida) ao II PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA; PROGRAMA I HOSTALERIA (código de prodecemento TR500C), publicado ao abeiro da ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

É dicir, ao importe concedido pola Xunta de Galicia, sumaránselle estos 1.000 euros adicionais do Concello da Estrada.

Segundo datos facilitados pola Consellería de Emprego e Igualdade, foron en total 103 os locais de hostalería que se acolleron ao plan de rescate, dun total de 130 rexistrados nesa epígrafe segundo os datos facilitados polo ORAL. Desos 103, a 90 foilles concedida a axuda por parte da Xunta de Galicia polo cal automáticamente se beneficiarán da axuda complementaria do Concello da Estrada. 

POR QUÉ SE FAI ASÍ?

Básicamente para simplificar trámites aos/ás hostaleiros/as da Estrada, sen necesidade de que teñan que presentar novamente documentación  e que se proceda ao abono da mesma á máxima brevidade posible. 

CANDO SE ABOARÁN OS 1.000 EUROS DA AXUDA DO CONCELLO DA ESTRADA?

Previsiblemente ao longo do vindeiro mes.