imprimir

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA O II PROGRAMA DE ACELERACIÓN DE PROXECTOS PARA O SECTOR DO COMERCIO DE SMARTPEME

21. 05. 26

Co principal obxectivo de SmartPeme que é servir de apoio e guía para a mellora das empresas do sector comercio, ou doutros sectores vinculados, mediante a incorporación de novas tecnoloxías, volve o II Programa de Aceleración de Proxectos para o Sector Comercio.

 A quen vai dirixido?

 A aceleradora de empresas está dirixida a pemes, persoas emprendedoras, empresarias, e autónomas da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:

 Proceso de selección de persoas participantes e criterios de avaliación

 Finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o equipo técnico de Smartpeme, realizará unha preselección de proxectos cun informe preliminar de cada unha das candidaturas recibidas en base á documentación presentada polas persoas interesadas e para cada un dos seguintes criterios de valoración:

1. Grao de innovación: As persoas solicitantes deben proporcionar información sobre o grao de innovación e o carácter tecnolóxico da súa empresa / proxecto ligado ao sector comercio en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento, así como da competencia existente no mercado.

2. Memoria do proxecto: As empresas deberán facilitar unha memoria, cunha extensión máxima de 5 páxinas, na que se explique detalladamente o proxecto e os obxectivos que pretende alcanzar mediante a súa participación na aceleradora, sinalando o nivel de crecemento e/ou a rendibilidade que esperan obter. O seu contido poderá variar en función do que cada candidato queira plasmar, pero tendo a obrigatoriedade de incluír:

· Obxectivo do proxecto

· Misión, visión e valores

· Actividade realizada/ a realizar

· Descrición do produto/servizo

· Que pretende alcanzar coa súa participación na aceleradora

3. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao Programa da aceleradora. Valorarase tanto a preparación técnica como a experiencia e a implicación para desenvolver o proxecto de aceleración.

 Soamente entrarán no programa un máximo de 10 proxectos.

 Prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 7 de xuño ás 19.00 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo. A solicitude unicamente pódese tramitar en liña ata a data sinalada, estando durante este período dispoñible o formulario de solicitude na páxina web de SmartPeme: https://smartpeme.depo.gal/

Período lectivo

As actividades do Programa de aceleración executaranse entre o 14 de xuño e o 15 de outubro. O número de sesións de mentorización e a frecuencia e temáticas destas axustarase ás necesidades de cada empresa e persoa mentora.

 Tes moita máis información aquí