A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN IMPULSA UN PLAN DE EMPREGO EN ALTERNANCIA FORMACIÓN- TRABALLO NUN DOS SECTORES MÁIS DEMANDADOS NA ACTUALIDADE

21. 05. 26

Dado que a día de hoxe falta man de obra cualificada, podemos atopar nesta modalidade de contratación a alternancia da formación e o emprego, ofrecendo ás empresas o aforro do custo da formación e o desconto do 100% dos gastos da seguridade Social.

A formación vai vinculada ao certificado de profesionalidade: Operacións Auxiliares de Albañilería Fábricas e Cubertas ( código EOCB 0208 )

Encaixarían os seguintes oficios:

  • Colocador/a de prefabricados lixeiros (construción).
  • Peón da construción de edificios.
  • Operario/a de albanelería.
  • Operario/a de cubertas.
  • Axudante/a de albanel/a.
  • Albanel/a tabiqueiro/a.
  • Colocador/a de bloque prefabricado
  • Peón especializado/a

REQUISITOS PARA OS/AS TRABALLADORES/AS

  • Estar rexistrados como demandantes de emprego.
  • Non ter título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecido como equivalentes, vinculados á actividade para a que se vai a realizar esta modalidade de contratación.
  • Idade: entre 16 e 25 anos. 
  • Non esgotar a duración máxima noutros contratos anteriores de formación na mesma ocupación ou posto de traballo.
  • Non ter vinculación coa empresa que o quere contratar nos últimos 6 meses e non desempeñar na mesma empresa o mesmo posto por un tempo superior a 12 meses.

DURACIÓN E IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN
Denominación: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.
Duración: 11 meses.
Horas: un máximo de 40 horas mensuais (436 horas en total).
Lugar de impartición: Centro de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da
Construción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño),
15705 - Santiago de Compostela (A Coruña).

Persoas interesadas chamar ao teléfono 900 112 121

Persoas que queiran recibir máis información contactar a través desde enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.