XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS A TRAVÉS DO PROGRAMA II DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA

21. 07. 20

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021.

Entidades beneficiarias :

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Obxecto

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

A contía do incentivo será de 8.000 € por cada posto de traballo estable de carácter indefinido creado, cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 9.000 euros cando se trate de persoas tituladas universitarias desempregadas. 

Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 10.000 euros se son persoas desempregadas que posúan o título de doutor. Esta contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

c) Un 25 % no suposto de persoas maiores de 45 anos.

d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada. e) Un 25 % se a persoa incorporada é trans

O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210720/AnuncioG0599-060721-0001_gl.pdf