imprimir

O GOBERNO PRORROGA O PAQUETE DE MEDIDAS PARA AMPLIAR A PROTECCIÓN DAS PERSOAS CONSUMIDORAS ANTE A ALZA DO PREZO DA ENERXÍA

22. 09. 21
a) Introdúcese máis transparencia no mercado para facilitar a toma de decisións e axudar á industria para pechar contratos de electricidade a longo prazo.
 
b) O DESCONTO NA FACTURA DA LUZ POLO BONO SOCIAL A CONSUMIDORES/AS VULNERABLES CRECERÁ DO ACTUAL 25% ao 60% e do 40% ao 70% para os vulnerables severos ata o 31 de decembro de 2022
 
c) Duplícase o orzamento para o BONO SOCIAL TÉRMICO en 2021, ata os 202,5 millóns ( ingresado de oficio polo goberno para as persoas beneficiarias do bono social sen necesidade de que se teña que solicitar)
 
d) Baixada do IVE do 21% ao 5%
 
Requisitos xerais para acceder ao BONO SOCIAL:
a) A persoa solicitante debe ser o titular do contrato de luz.
b) Debe ter contratada a tarifa regulada da luz, tamén coñecida como PVPC.
Dita tarifa só pode contratarse coas denominadas Comercializadoras de Referencia.
c) Contar cunha potencia eléctrica contratada igual ou inferior a 10 kW.
d) O bono social só se pode solicitar para a vivenda habitual da familia, non para segundas residencias.
e) Cumprir cos requisitos económicos marcados polo IPREM (actualmente é de 8.106,28 €)
 
As PERSOAS CON DISCAPACIDADE e AS FAMILIAS NUMEROSAS teñen DEREITO AO BONO SOCIAL.
 
¿Con qué compañías se pode pedir o bono social?
Energía XXI (Comercializadora de Referencia de Endesa)
Curenergía (Comercializadora de Referencia de Iberdrola)
Gas & Power (Comercializadora de Referencia de Naturgy)
Baser (Comercializadora de Referencia de TotalEnergies)
 
Información completa: https://www.miteco.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-gobierno-aprueba-un-paquete-de-medidas-para-ampliar-la-protecci%C3%B3n-de-los-consumidores-ante-la-escalada-en-los-precios-de-la-energ%C3%ADa/tcm:30-532209