DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: IV XORNADA TURISTIC

21. 11. 26

Un encontro con grandes profesionais do mundo do turismo ligado ás novas tecnoloxías

Por cuarto ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra a través do proxecto SmartPeme está a organizar a Xornada TurisTIC, evento que nace en 2018 coa necesidade de crear un encontro no que se analice e informe das oportunidades que proporciona o uso das TIC nas empresas turísticas.

Esta cuarta edición levarase a cabo en formato mixto, é decir, de maneira presencial pero con retransmisión telemática a través da canle de Youtube da Deputación de Pontevedra. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 02 de decembro no Museo de Pontevedra (Edificio Castelao) e comenzará ás 9.30 horas coa recepción das persoas asistentes e finalizará cun Xantar networking.

Ademais, ese día contaremos coa presenza de profesionais do sector turístico e das novas tecnoloxías e as temáticas que se tratarán están baseadas nos Fondos NextGen, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030. Por tanto, analizaremos as oportunidades e desafíos para o sector turístico, a transformación dixital no sector, retos da nova normalidade, turismo sostible, etc. 

Se queres coñecer as e os participantes desta IV Xornada TurisTIC, consulta o programa aquí

9.30 h Recepción das persoas asistentes 

10.00 h Apertura institucional da xornada 

10.45 h Mesa redonda I. "Turismo responsable na nova normalidade" 

11:30 h Café networking 

12:15 h Relatorio: Hiperpersonalización para un territorio intelixente e sostible 

13.00 h Mesa redonda II. "O protagonista do dato no novo ecosistema turístico" 

14:00 h Peche institucional

14:15 h Xantar networking 

Se desexas asistir, podes adquirir as entradas sen custo facendo click aquí

É moi importante que todas aquelas persoas que queiran asistir seleccionen, no momento de adquirir a entrada, se acudirán de forma presencial ou telemática no despregable que aparecerá en pantalla e, no caso de acudir presencialmente, se quedarán ao xantar.

Quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.