DESDE O 31 DE MARZO, E TRALA APROBACIÓN DA REFORMA RABORAL ENTRA EN VIGOR A OBRIGA DE CONTRATACIÓN POR PARTE DAS EMPRESAS CON CONTRATO INDEFINIDO SALVO CONTADAS EXCEPCIÓNS

22. 05. 05

Desde o 31 de marzo, entre en vigor os novos contratos da reforma laboral.

Desde esta data as empresas terán que contratar aos seus novos traballadores baixo as novas modalidades. En verdade, a nova normativa está vixente desde o pasado 31 de decembro tras publicarse a Real Decreto-lei 32/2021. Aínda así, o Goberno deu tres meses de prazo transitorio para quelas empresas adaptásense á nova regulación.

Os novos contratos da reforma laboral
Para empezar, elimínanse todos os contratos temporais para unificalos nun só, o cal se realizará baixo dúas causas:
 
- SUBSTITUCIÓN (empregaranse para substituír a baixa dunha persoa traballadora, xa sexa por vacacións, médica, etc.) A duración deste non poderá superar os 3 meses.
- PRODUTIVO  ( unicamente poderá utilizarse no caso de que a empresa teña un aumento puntual e necesite reforzar o persoal). O tempo máximo de duración deste tipo de contrato será de 6 meses, que poderá ampliarse ata 12 por convenio.
Aínda que a normativa soamente permite estes contratos baixo as causas anteriores, de feito poderase empregar en situacións previsibles. O Goberno permitirá que as empresas usen estes contratos nas campañas de nadal ou agrícolas, situacións onde hai un aumento puntual. Iso si, nestes casos, a duración máxima será de 90 días ao ano non consecutivos. É máis, as empresas están obrigadas a informar antes de empezar o curso aos representantes dos traballadores de cuantos contratos deste tipo prevé utilizar nos seguintes 12 meses.
 
De modo, que o novo marco de contratación establece que o contrato de traballo ordinario será o indefinido, e que unicamente poderán facerse contratos temporais polas causas anteriores.
 
Contratos no sector da construción
 
O sector da construción é onde máis contratos por obra e servizo se realizan,  agora o contrato de obra na construción pasará a ser indefinido. De modo que, cando finalicen as tarefas da obra para a que foi contratado/a, a empresa deberá recolocar a esa persoa noutra obra ou formala. No caso de que o/a traballador/a rexeite a oferta ou non puidese recolocarse por non existir posto adecuado, producirase a extinción do contrato, cunha indemnización do 7% calculada sobre os conceptos salariais establecidos en convenio colectivo.
 
Sectores estacionais
Os sectores que estacionalmente recorren a contratos temporais a partir de agora terán que utilizar o contrato fixo-descontinuo, o cal brindará dos mesmos dereitos que o resto de traballadores/as indefinidos. Igualmente, poderán acollerse a esta modalidade os traballos en contratas administrativas ou mercantís.
 
Unha diferenza co anterior contrato fixo-descontinuo é que agora se recoñecerá toda a antigüidade da relación laboral, non só dos períodos efectivamente traballados. Estes traballadores/as serán colectivo preferente para as accións formativas. Os convenios sectoriais poderán establecer bolsas de emprego para favorecer a súa contratación e mellorar a súa formación durante os períodos de inactividade.
 
Máis facilidades para converterse en indefinido /a
Ademais dos novos contratos, tamén se reduce a 18 meses nun período de 24 meses o prazo de encadenamiento de contratos para adquirir a condición de traballador/a indefinido/a.  Antes da reforma eran 24 meses nun período de 30 meses.
 
As empresas que non cumpran a nova normativa que regula a contratación temporal serán sancionadas e a persoa traballadora será considerado indefinida. Estas sancións poden chegar ata os 10.000 euros por cada contrato temporal fraudulento.
 
Contrato de Formación e Aprendizaxe
Este contrato ten como obxectivo a formación e a aprendizaxe para a cualificación profesional das persoas traballadoras. De modo que o/a traballador/a alternará os estudos co traballo.
 
A duración mínima do contrato será de 1 ano e a máxima de 3 anos, aínda que por convenio colectivo poderá establecerse distintas duracións do contrato. Iso si, sen que a duración mínima poida ser inferior a 6 meses nin a máxima supere os 3 anos.
O tempo de traballo efectivo non poderá superar o 75% da xornada no primeiro ano, mentres que a partir do segundo ano establécese un 85%.
 
Os/as traballadores/as non poderán realizar horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3, do Estatuto dos Traballadores.
Unha vez finalizado o contrato, o traballador/a non poderá ser contratado/a baixo esta modalidade na mesma empresa ou outra, salvo que sexa para obter outra cualificación.
 
Contrato en Prácticas
Este contrato só poderá facerse nos 5 anos posteriores tras terminar os estudos, 7 no caso de estudantes con discapacidades.
 
Estes contratos están ligados ao nivel de estudos da persoa traballadora.
 
En canto á súa duración, queda limitado a un mínimo de 6 meses e un máximo de 24 meses.
O salario será o que dite o convenio para o posto, sen que este sexa inferior ao 60% ou 75% durante o primeiro ou o segundo ano.