RESUMO CONVOCATORIAS AXUDAS XUNTA DE GALICIA PARA O IMPULSO DAS ENERXIAS RENOVABLES E AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES E EMPRESAS GALEGAS

21. 04. 15

RESUMO CONVOCATORIAS AXUDAS XUNTA DE GALICIA PARA O IMPULSO DAS ENERXIAS RENOVABLES E AFORRO EBNERXÉTICO NOS FOGARES E EMPRESAS GALEGAS

 

Desde o Departamento de Emprego do Concello da Estrada quere darse conta das subvencións que a Xunta de Galicia ven de convocar todas elas encamiñadas a favorecer o uso de enerxías renovables para uso térmico, poñer en marcha proxectos de enerxía solar fotovoltáica, impulsar o cambio de caldeiras e a súa instalación así como a adquisición de estufas de pellets dirixidas a particulares, comunidades de propietarios e empresas.

As axudas tramitaranse na súa maioría a través das empresas que soliciten ser colaboradoras coa Axencia Instituto Enerxético de Galicia. O prazo para adherirse para ser empresa colaboradora comezo o vindeiro 25 de xaneiro e esténdese ata o día 29. Toda a información sobre este procedemento aquí

Desde o departamento de emprego queremos destacar a importancia de que as empresas do sector sitas na Estrada se adhiran como colaboradoras xa que supón un importante nicho de negocio ao obrigar as persoas que vaian solicitar a axuda a facelo a través delas.

Son catro liñas diferentes de axudas:

1.- AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES. Mediante as actuacións obxecto da axuda terase que conseguir e xustificar a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono.

Esta axuda diríxese a PERSOAS FÍSICAS e a COMUNIDADES DE PERSOAS PROPIETARIAS. Dentro desta liña de axudas entraría entre outras actuacións, o cambio de ventas ou o illamento de fachadas sempre e cando se poida acreditar a redución do consumo enerxético.

O prazo de solicitude xa está aberto e esténdese ata o 31 de xullo de 2021.
Estas axudas poden tramitarse sen necesidade de facelo cunha empresa colaboradora.

TODA A INFORMACIÓN

2.- AXUDAS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO:
Os proxectos limítanse á instalación para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica ( entran a compra de estufas de aire; cociñas calefactoras; caldeiras de pellets etc.)
A axuda será do 50% do investimento elixible.

O prazo para tramitar estas axudas comeza o 1 de marzo e remata o 1 de xullo de 2021.

TODA A INFORMACIÓN

3.- AXUDAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTÁICA:
Dentro desta liña de axudas entra entre outras cousas a adquisición de paneis fotovoltáicos; acondicionamento de enerxía eléctrica etc.

A axuda será do 50% do investimento elixible.

Prazo de solicitude ábrese o 3 de marzo e exténdese ata o 1 de xullo de 2021.

TODA A INFORMACIÓN

4.- AXUDAS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS:
A contía da axuda será do 35% do custo elexible da actuación incrementándose nun 20% no caso de pequenas empresas e nun 10% no caso das medianas.

O prazo de solicitude irá do 20 de xaneiro ao 15 de outubro de 2020.

TODA A INFORMACIÓN

A tramitación destas axudas pola súa complexidade técnica faise a través das empresas colaboradoras, se ben o departamento de emprego do Concello da Estrada facilitará toda a información referente ás ordes da convocatoria.

Podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 para resolver todas as túas dúbidas.

XA ESTÁ DISPOÑIBLE A LISTAXE DE ENTIDADES COLABORADORAS, HAI VARIAS DA ESTRADA, PODES CONSULTAR CALES NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://appsinega.xunta.es/entidadesRenovables2021/consulta/