XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

21. 02. 11

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento TR305A).

Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2021, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código de procedemento TR305A) para un total de 1.209 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 4.140 unidades
de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas.
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas.
Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
– UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.
– UC0081_2 Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.
• 52 prazas das persoas que quedaron na lista de espera na convocatoria anterior (Orde do 15 de novembro de 2019).
• 110 novas prazas.
Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas que pertencen á lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 15 de novembro de 2019).
Nesta cualificación profesional non se admitirán novas solicitudes nesta convocatoria.

As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral:
Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º. No caso de formación non formal:
Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecido na normativa re guladora do procedemento administrativo común.

O prazo de inscrición será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0599-281220-0002_gl.pdf

Se precisas axuda para facer este trámite desde o departamento de Emprego do Concello da Estrada botámosche unha man. 

 

competen prof