imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

22. 09. 21

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A).

Establécense dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:

1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitarlle a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero que ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou en diferente sector.

2ª. Para as que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren volver emprender noutro sector. A finalidade é facilitarlle o cambio de actividade económica á persoa emprendedora que desexa cambiar a súa actividade, ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender e quere facelo noutros sectores económicos como os considerados emerxentes ou vinculados á economía circular, entre outros.

Os apoios do programa estrutúranse en dous bonos:

– Bono alta nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.

– Bono formación e/ou mentoring para acompañar e axudar na posta en marcha do negocio.

Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade:

1. Persoas autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridade, e que queren volver emprender: Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

b) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

c) Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

d) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

2. Persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade: Tamén serán beneficiarias das axudas deste programa as persoas que estean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e iniciaran unha nova actividade nun sector distinto ao anterior, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter cotizado, anteriormente a esta nova alta polo menos durante 6 meses ininterrompidos na súa vida laboral, no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

b) Ter un alta como persoa traballadora autónoma nun sector diferente o anterior, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037).

c) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia. En ambos casos os requisitos deberán cumprise ben na data da solicitude ou ben na data do inicio da actividade, segundo o caso.

As axudas consistirán en dous tipos de bonos:

a) Bono alta nova oportunidade: concederáselles unha axuda de 9.000 € ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4. As axudas do Bono alta nova oportunidade estarán cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

b) Bono formación e/ou Bono mentoring: a persoa beneficiaria do Bono alta nova oportunidade poderá recibir unha axuda de ata 1.600 € para realizar un mínimo de 40 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio que se vai emprender e que así se xustifique.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220810/AnuncioG0656-030822-0001_gl.pdf