imprimir

XA PODES SOLICITAR A TERCEIRA CONVOCATORIA DO KIT DIXITAL DIRIXIDO A EMPRESAS E AUTÓNOMOS/AS DE ENTRE 0 E MENOS DE 3 EMPREGADOS/AS

22. 11. 10
Xa podes solicitar a segunda convocatoria do #KitDigital.
 
A contía da axuda para este segmento será de 2.000€ e con ela as pemes e autónomos/as poderán adquirir as solucións de dixitalización para áreas crave como: sitio web e presenza na internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, ciberseguridade, e as dúas novas solucións de dixitalización que se engadiron coa modificación da orde de bases: presenza avanzada na internet e marketplace.
 
Será a partir do 20 de outubro ás 11 horas cando as pequenas empresas de entre 0 e menos de 3 empregados poidan solicitar a axuda do programa Kit Dixital a través da sede electrónica de Red.es. O prazo para presentar as solicitudes manterase aberto durante 12 meses.
 
 
💻Solicitudes a través de @redpuntoes : https://sede.rede.gob.es