imprimir

COÑECE O ALCANCE DO NOVO PAQUETE DE MEDIDAS APROBADO POLO GOBERNO PARA PALIAR A SUBA DA LUZ E O GAS

23. 01. 30

1.-  REFORZO DO BONO SOCIAL ELÉCTRICO: 

- Incremento dun 15% a cantidade de enerxía con dereito a desconto 

- Aumento da porcentaxe de desconto:

a) Os bonos co desconto polo 60% pasan ao 65%

b) Os bonos co desconto polo 70% pasan ao 80%

- Ampliación do bono térmico nos anos 2022 e 2023: elévase o importe da axuda mínima a 40 euros e duplícase o importe da axuda media ata 375 euros por fogar aproximadamente.

- Créase temporalmente unha nova categoría de consumidores eléctricos con dereito a un desconto do 40% nas súas facturas para aqueles fogares traballadores con baixos ingresos.

2.- NOVA TARIFA REGULADA PARA AS COMUNIDADES DE VECIÑOS/AS CON CALEFACCIÓN CENTRALIZADA:

Extensión da protección que xa outorgan as tarifas reguladas aos fogares que formen parte de comunidades de veciños con calefaccións centralizadas de gas natural creando con iso unha nova tarifa regulada para que se limite ata finais de 2023 o incremento trimestral dos prezos. Redución de máis da metade dos seus recibos respecto ao que pagarían no mercado coas ofertas actuais.