imprimir

QUERES REDUCIR A TÚA FACTURA DO GAS? BENEFICIATE DA TARIFA TUR APROBADA POLO GOBERNO PARA REDUCIR A FACTURA

23. 03. 01

Recomendación: OCU

A alza de prezos da enerxía nos mercados internacionais, os problemas de subministración de gas, o conflito en Ucraína... todos estes factores unidos, cando o frío está ao virar a esquina, fan prever uns meses complicados.

Que se pode facer? Pois o primeiro, algo sinxelo: pasarse á TUR, máis interesante que as tarifas do mercado libre.

A Tarifa de Último Recurso, a TUR, é a opción máis segura para evitar que as nosas facturas de gas se disparen este inverno. Este consello é temporal, pois a TUR seguirá subindo no futuro, pero neste momento recorrer a ela permitirá obter un importante aforro.

As tarifas de gas do mercado libre: o kWh é ata un 37% máis caro que o regulado polo Goberno

Que é a TUR?
A tarifa TUR é o nome abreviado que recibe a Tarifa de Último Recurso, ofrecida por unhas comercializadoras designadas para iso, que son as comercializadoras do mercado regulado. As condicións desta tarifa están fixadas polo Ministerio.
Non se establece un prezo determinado, senón a fórmula coa que se fixará o prezo en cada revisión.
 
A TUR revísase trimestralmente (xaneiro, abril, xullo e outubro). Esta tarifa non ten permanencia: pódese contratar e volver ao mercado libre cando se desexe. A TUR é o equivalente no mercado do gas á tarifa de prezo regulado do mercado eléctrico, a coñecida como PVPC.
 
A TUR, a opción máis competitiva esta tempada
O custo anual coa tarifa TUR para un fogar medio que utiliza o gas como calefacción e ten un consumo de 9.000 KWh anuais é de 723 euros. En cambio, na mellor das tarifas do mercado libre ese importe ascende aos 1.516 euros. E se non é das boas, o custo pode multiplicarse por 3 ou 4.
 
 
*Dereito da persoa consumidora: As compañías do mercado libre deben avisar aos consumidores dos cambios de tarifa cun mes de antelación, incluíndo a comparativa do custo anual coa nova tarifa: estáche atento e pásache á TUR.
Quen pode contratar a TUR?
Calquera consumidor/a cun consumo anual inferior 50.000 kWh pode contratar a TUR, Por tanto, poden contratar a TUR quen teña as tarifa de acceso RL.1, RL.2 ou RL.3.
 
As comunidades de veciños con calefacción central teñen un consumo moi superior, co que non poden contratar esta tarifa. En España hai case 8,5 millóns de clientes, pero menos do 20% está acollida á tarifa TUR. A pesar de que as comercializadores do mercado libre están incrementando as súas tarifas, aínda 4 de cada 5 usuarios están no mercado libre. Deles, moitos non teñen claras as diferenzas entre o mercado libre e o regulado- Non coñecen os detalles da tarifa teñen contratada. E se aínda conservan un bo prezo, ignoran en que momento a comercializadora vai revisar a súa tarifa,
 
Que hai que facer para contratar a TUR? Para contratar esta tarifa debes dirixirte a unha das comercializadoras de referencia, as únicas que comercializan esta tarifa. Son catro comercializadoras que ofrecen tamén a tarifa regulada de luz PVPC (entre outras). 
 
Compañías acollidas á TUR:
 
Compañía comercializadora de referencia  Grupo Teléfono
Comercializadora Regulada Gas&Power  Grupo Naturgy 900 813 527
Energía XXI  Grupo Endesa 800 760 333
Curenergía  Grupo Iberdrola 900 100 309
Baser  Grupo Total Energies 900 902 947

Canto custa a TUR?

A Tarifa de Último Recurso revísase trimestralmente, pero desde outubro de 2021 está limitada con ela, a pesar de que a TUR subirá aproximadamente un 10% nos próximos trimestres, seguirá manténdose por baixo do incremento das tarifas no mercado libre. O previsible (se o mercado volve á normalidade) é que no futuro, os prezos no mercado libre sexan máis atractivos, pero pasará un tempo antes de que as ofertas do mercado libre sexan competitivas.

Estes son os prezos actuais da tarifa regulada TUR. Consulta o comparador de luz e gas para calcular o aforro que poderían obter contratando con eles:

Tarifa Consumo anual (año gas) Precio término fijo (€/mes) Precio consumo (€/kWh)
RL.1 Hasta 5.000 kWh/año 5,03 0,06355
RL.2 Entre 5.000 y 15.000 kWh/ año 9,52 0,0607
RL.3 Entre 15.000 y 50.000 kWh/año 20,54 0,05853

Que tarifa de gas me conven? Interesa contratar a tarifa regulada TUR ou unha oferta no mercado libre? A resposta a esta pregunta vai cambiando, pero na actualidade, neste outono de 2022 é clara e contundente: coas medidas do goberno para limitar o prezo da TUR, e o alto prezo doutras tarifas, non hai ofertas no mercado liberalizado que se achegue aos prezos da tarifa regulada TUR, polo que a nosa recomendación neste momento é optar por ela.

 Se  tes unha boa tarifa no mercado libre, o primeiro que debes facer é informarte de cando a revisarán: se o cambio é inminente, convenche pasar á TUR.