XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS EN APOIO ÁS ACTIVIDADES PECHADAS

21. 02. 24

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e
do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

As persoas beneficiarias ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:
– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:

a) Orde do 4 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Orde do 8 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma.
c) Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:
– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.
– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.200 €.
– Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 29 percibirán unha axuda única de 2.700 €. Igualmente percibirán unha axuda única de 2.700 € as actividades de atraccións de feira a que se refire
o punto 3 do artigo 29.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10, incrementarase en 1.000 € nas alíneas anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, de Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes ou ben ata o esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-1_gl.pdf