PLAN DE EMPREGO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA ESTRADA PARA O ANO 2023

23. 01. 25

A Xunta de Goberno Local da Excma. Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 13 de xaneiro de 2023, concedeu a este concello unha subvención por importe de 311.674,35 €uros, ao abeiro da Liña 3 do Programa de activación de emprego (BOP no 208 de 31.10.2022).

O obxecto desta subvención é a contratación de 19 persoas desempregadas para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, de interese xeral e social inscritas no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes OCUPACIÓNS :

- 2 Conserxes

- 2 Fontaneiros/as, categoría : Oficial

- 2 Electricistas, categoría: axudantes

- 4 Albaneis, categoría: Oficial

- 4 Peóns forestais

- 4 Peóns de Obras Públicas

- 1 Condutor/a camión

Duración do contrato e condicións: Tipo contrato: Mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, ao abeiro do recollido na disposición adicional novena do Texto refundido da Lei de emprego.

Duración: Ata o 31 de decembro de 2023:

- 2 Conserxes

- 2 Fontaneiros/as, categoría: Oficial

- 2 Electricistas, categoría: Axudantes

- 4 Albaneis, categoría: Oficial

Durante 10 meses:

- 4 Peóns forestais

Durante 9 meses:

- 4 Peóns de Obras Públicas

- 1 Condutor/a camión.

O horario laboral será de 37,5 horas semanais (xornada completa).

Percibirá a cantidade mensual de 1.166,67 €uros brutos mensuais por todos os conceptos, incluída a parte correspondente das pagas extraordinarias.

Se queres traballar con nós ao abeiro deste programa debes INSCRIBIRTE NA OFICINA DE EMPREGO NAS CATEGORIAS PROFESIONAIS QUE CHE SINALAMOS, é dicir, NON É SUFICIENTE CON ESTAR INSCRITO/A COMO DEMANDANTE, TES QUE ESTALO NAS CATEGORIAS QUE SOLICITAMOS E QUE CHE INTERESEN.

Para inscribirte en Emprego Galicia debes pedir cita previa, podes facelo a través da seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/?codOficina=100

Se tes algunha dúbida ponte en contacto co departamento de persoal chamando ao teléfono 986 677 723 ou 986 677 715