O Consello de Ministro aprobou este martes (21/02/23) o Real Decreto de Limiares, que regula a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024.
En total, o Goberno destinará un total de 2.520 millóns de euros, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades e que miles de estudantes poidan seguir formándose sen que as súas condicións socioeconómicas poidan ser un impedimento para iso.
Aumentan en 900 euros as bolsas para estudantes que estuden fora
Unha das principais novidades é o incremento de 900 euros nas bolsas de residencia para estudos postobligatorias. De modo que pasan dos 1.600 a 2.500 euros.
Esta medida, segundo o Goberno, beneficiará a uns 125.000 alumnos e alumnas, sobre todo aos de contornas rurais (a España baleirada) que deben desprazarse a outras localidades para poder estudar.
Poderán solicitala todos aqueles que cursos estudos postobligatorios como Bacharelato, Formación Profesional (FP), Grao e Máster, e a súa familia conte con baixos ingresos.
A contía fixa para bolsas para o estudo continúa sendo de 1.700 euros do solicitante; para a de residencia aumenta a 2.500 euros; 300 euros a bolsa básica e 350 para os que cursen ciclos de FP básica. Ademais dunha contía fixa ligada á excelencia académica entre 50 e 125 euros.
Axuda universal de 400 euros para os estudantes con discapacidade
Para a concesión de bolsas téñense en conta, a renda familiar, importe da súa matrícula, excelencia nos seus estudos ou a localización da súa residencia e a da súa vivenda familiar. Pero para a nova axuda de 400 euros para alumnos/as con necesidades educativas específicas ou subsidio universal, non se terán en conta.
Axudas para primaria e apoio educacitvo
Poderán solicitalos os/as alumnos/as que teñan cumpridos dous anos e atópense escolarizados en calquera dos niveis educativos non universitarios e acrediten unha discapacidade de polo menos o 33%, ou un trastorno grave de conduta ou da comunicación/linguaxe ou do espectro autista (TEA) ou ben sexan alumnos de altas capacidades.
O Goberno calcula que uns 240.000 alumnos perciban este novo subsidio.
O prazo de solicitude ábrese o LUNS 27 DE MARZO e cerrarase o MÉRCORES 17 DE MAIO
Se precisas axuda para a súa tramitación, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, como cada ano, botarémosche unha man.