Axencia Galega de Servizos Sociais
RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2023/24 (códigos de procedemento BS402A e BS402F)
Serán requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Socias para o curso 2023/24:
a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2023. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo co Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que as familias que xa escolarizaran un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede pública autonómica A Galiña Azul, que comprende as escolas 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, deberán estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso nos centros da Agass
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 5 de abril de 2023.
O prazo para a presentación das solicitudes que se presenten ao abeiro do disposto no artigo 3.2.b) finalizará o 15 de marzo de 2024.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioG0379-070323-0001_gl.pdf