CONSELLERIA DE EMPREGO E IGUALDADE CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DOS NIVEIS 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

21. 03. 05

Consellería de Emprego e Igualdade
RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave
para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2021.

Se precisas axuda para inscribirte desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man, podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente pola nosa oficina (1ºandar da casa consistorial)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210305/AnuncioG0599-010321-0001_gl.pdf