BONO SOCIAL NA FACTURA DA ELECTRICIDADE. TODA A INFORMACIÓN

21. 10. 27
  • Que é o bono social? O bono social de electricidade é un desconto na factura eléctrica.

Dun 25% para persoas consumidoras vulnerables que cumpran os requisitos establecidos.
Dun 40% para persoas consumidoras vulnerables severas que cumpran os requisitos establecidos.

* MODIFICACIÓNS INTRODUCIDAS POLO GOBERNO EN DATA 27/10/2021

 O DESCONTO NA FACTURA DA LUZ POLO BONO SOCIAL A CONSUMIDORES/AS VULNERABLES CRECERÁ DO ACTUAL 25% ao 60% e do 40% ao 70% para os vulnerables severos ata o 31 de marzo de 2022

Toda a información: https://www.miteco.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-gobierno-aprueba-un-paquete-de-medidas-para-ampliar-la-protecci%C3%B3n-de-los-consumidores-ante-la-escalada-en-los-precios-de-la-energ%C3%ADa/tcm:30-532209

Se ademais, es un/ha consumidor/a en risco de exclusión social, porque se está sendo atendido polos servizos sociais dunha administración autonómica ou local que paguen polo menos o 50% da factura, non se terá que facer fronte á factura eléctrica e, en caso de imposibilidade temporal para facer fronte ao pago, non se poderá interromper a subministración eléctrica. (*este caso non aplica no Concello da Estrada)

COVID 19: Novas persoas beneficiarias. Serán consideradas consumidoras vulnerables e poderán acceder a un 25% de desconto na súa factura eléctrica:
En situación de desemprego,
Afectado por un Expediente Temporal de Regulación de Emprego ( ERTE),
En caso de ser empresario/a, que vise reducida a súa xornada por motivo de coidados, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos.

  • Cales son os requisitos para solicitalo?
  • Ter contratado o prezo voluntario para o pequeno consumidor ( PVPC) na vivenda habitual.

    O PVPC é o contrato eléctrico establecido polo Goberno no que o pago pola electricidade consumida é directamente o prezo da enerxía que resulta do mercado, máis impostos e peaxes, sen incluír outros produtos ou servizos adicionais.
    Só pode contratarse o PVPC se se ten unha potencia contratada igual ou inferior a 10kW.
    O PVPC contrátase coas comercializadoras de referencia.

  • Cumprir cos requisitos persoais, familiares e de renda establecidos.

a) Consumidor/a Vulnerable (25% de desconto)
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:

Que a súa renda ou a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa:
≤ 1,5 x IPREM de 14 pagas, se non hai ningún menor na unidade familiar: 11.279€.
≤ 2 x IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa 1 menor na unidade familiar: 15.039€
≤ 2,5 x IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa 2 menores na unidade familiar: 18.799€
Circunstancias especiais
Ou ben, que se estea en posesión do título de familia numerosa.
Ou ben que a persoa consumidora ou todos os membros que teñen ingresos na unidade familiar sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social (xubilación ou incapacidade permanente), percibindo por iso a contía mínima vixente en cada momento, para as devanditas clases de pensión, e non percibir outros ingresos cuxa contía agregada anual supere os 500 euros.

b) Consumidor/a Vulnerable Severo (40% de desconto)
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:

Percibir unha renda anual ≤ 50% dos limiares establecidos para ser considerado/a consumidor/a vulnerable, incluíndo, no seu caso, o incremento previsto para os casos nos que concorran as "circunstancias especiais".
Se é unha familia numerosa, a unidade familiar debe percibir unha renda anual ≤ 2 x IPREM de 14 pagas: 15.039€.
Se o/a consumidor/a ou todos os membros que teñen ingresos na unidade familiar perciben pensión mínima, e non perciben outros ingresos cuxa contía agregada anual supere os 500 euros, o consumidor ou a unidade familiar á que pertenza debe percibir unha renda anual ≤ 1 x IPREM de 14 pagas: 7.520€.

c) Consumidor/a en Risco de exclusión social
Para ser considerado/a consumidor/a en risco de exclusión social, o titular do contrato debe cumprir cos requisitos para ser considerado/a vulnerable severo e, ademais, ser atendido polos servizos sociais dunha Administración Pública (autonómica ou local) que financien polo menos o 50% do importe da súa factura a PVPC. En caso de imposibilidade temporal para facer fronte ao pago, non se poderá interromper a subministración eléctrica.

d) COVID 19
Para que un/ha consumidor/a de enerxía eléctrica poida ser considerado/a consumidor/a vulnerable por COVID-19, para os efectos da Real Decreto-lei 30/2020, do 29 de setembro, debe acreditar que o/a titular do punto de subministración, ou algún dos membros da súa unidade familiar, atópase nalgunha das seguintes circunstancias:

- En situación de desemprego,
- Afectado por un Expediente Temporal de Regulación de Emprego ( ERTE),
- En caso de ser empresario/a, que vise reducida a súa xornada por motivo de coidados, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos.
Ademais, o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar correspondentes ao mes anterior á presentación da solicitude do bono social completa debe ser inferior a:

- 1,5 veces a doceava parte do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples ( IPREM) de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familiar ou non haxa ningún menor na unidade familiar;
- 2 veces a doceava parte do índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar;
- 2,5 veces a doceava parte do índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.
Estes multiplicadores de renda respecto do índice IPREM de 14 pagas incrementaranse, en cada caso, en 0,5, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias especiais:

Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar acredite a situación de violencia de xénero, conforme ao establecido na lexislación vixente.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar teña a condición de vítima de terrorismo, conforme ao establecido na lexislación vixente.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar atópese en situación de dependencia recoñecida de grao II ou III, conforme ao establecido na lexislación vixente.
Que a unidade familiar está integrada por un único proxenitor.

e) Circunstancias especiais
Se se reúnen circunstancias especiais, os límites establecidos increméntanse en 0,5 puntos IPREM (3760 € máis).

Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar acredite a situación de violencia de xénero.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar teña a condición de vítima de terrorismo.
Que o/a consumidor/a ou algún dos membros da unidade familiar atópese en situación de dependencia recoñecida de grao II ou III.
Que o/a consumidor/a acredite que a unidade familiar está integrada por un único proxenitor e, polo menos, un/ha menor (familias monoparentais).

DOCUMENTACIÓN PARA A SÚA TRAMITACIÓN

- Formulario de solicitude (no seguinte enlace podes descargar o de cada compañía)

- Copia DNI/NIE de todas as persoas membros da unidade familiar

- Copia do libro de familia. No caso de non integrar unha unidade de convivencia (é dicir, persoas que viven solas ou non teñen relación de parentesco entre elas); folla do rexistro civil acreditativa de tales circunstancias.

- Voante de empadroamento familiar.

- Documentación acreditativa de circunstancias especiais. 

Se queres saber cáles son as compañías eléctricas de referencia coas que te podes acoller ao bono social e iniciar o trámite preme no seguinte enlace: https://www.bonosocial.gob.es/#como

Se tes algunha dúbida ou precisas axuda para a súa tramitación, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man, chámanos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.30 horas máis información.