QUERES PARCIPAR NO PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DA ESTRADA PARA ESTE 2021? CONTRAREMOS A 20 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

21. 03. 18

A Deputación de Pontevedra na súa sesión  concedeu a este concello unha subvención por importe de 240.783,68 €uros, ao abeiro do Plan Concellos 2021. O obxecto desta subvención é a contratación de 20 persoas desempregadas inscritas
no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes OCUPACIÓNS:

  • Conserxe
  • Oficial 1ª Fontaneiros/as
  • Electricista (axudante)
  • Oficial 1º Albaneis
  • Peón forestal
  • Peón de obras públicas
  • Condutor/a camión

Para poder ser chamado/a a participar no proceso selectivo debes FIGURAR INSCRITO/A COMO DEMANDANTE DE EMPREGO NALGUNHA DESTAS OCUPACIÓNS.

Se non o estás, e queres estalo, tes que INSCRIBIRTE NA OFICINA DE EMPREGO:

Tes que facelo solicitando cita previa para ser atendido en Emprego Galicia, podes facelo a través da seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/?codOficina=100

Unha vez o Concello da Estrada presente a oferta ao Servizo Público de Emprego, éste remitirá o listado das persoas que participarán no proceso de selección. Pode acontecer que te chamen para varios postos.

*Nota: o Concello da Estrada non anota a ningunha persoa xa que como che explicamos a selección farase en función das persoas que nos remita o servizo público de emprego. 

Máis información: http://www.aestrada.gal/index.php/es/tramites-2/contratacion-de-persoal