imprimir

REDE TÉCNICOS DE EMPREGO DE GALICIA

18. 04. 25

redetecnicoempregogalicia

O Concello da Estrada conta dende o ano 2007 cunha oficina local de emprego sita no 1º andar da Casa Consistorial.

FUNCIÓNS DA AEDL:

  • Fomento do autoemprego.
  • Fomento da creación de actividade empresarial.
  • Xestión e proxección do Viveiro de Empresas.
  • Xestión do portal de emprego municipal: www.emprego.aestrada.com
  • Oferta formativa propia e en colaboración con outros axentes sociais.
  • Fomento do sector agrogandeiro.
  • Impulso do turismo.
  • Fomento do cooperativismo.
  • Orientación laboral.
  • Xeración de emprego dende a administración local.
  • Desenvolvemento do noso medio rural.
  • Desenvolvemento do plan integral de emprego.
  • Desenvolvemento do plan dual de formación e emprego.
  • Desenvolvemento e proxección da actividade económica no “Novo Mercado de Abastos”.
  • Acompañamento e asesoramento integral de todas as persoas que participen nos Obradoiros de Emprego, Plan de Cooperación, Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, Plans de inserción socio-laboral de persoas en risco de exclusión social e con especiais dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo.
  • Impulso da colaboración coas asociacións empresariais da Estrada.

MEDIDAS QUE SE RECOLLEN DENTRO DO PROXECTO

  • FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR NO NOSO CONCELLO

Desenvolver actuacións encamiñadas a poñer en valor a contribución dos empresarios na creación de riqueza e emprego no municipio.

Poñer en valor o rol do empresario como xerador de riqueza e emprego.

Difundir as actuacións e programas levados a cabo polo Concello en materia do fomento do espíritu emprendedor: Premio emprendedor do ano, xornadas e talleres para emprendedores, distintivo para aquelas empresas que contraten máis xente.

Contribuír á implicación dos centros educativos e de formación profesional en proxectos de fomento do espírito empresarial: realizar actividades e xornadas ao longo do ano con esta finalidade, organizar coloquios nos que emprendedores conten as súas experiencias persoais aos máis cativos como ferramenta de fomento empresarial etc.

  • APOIO E DESENVOLVEMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS


A creación dun Viveiro de Empresas no edificio do NOVO MERCADO constitúe o intento do Concello da Estrada por fomentar o emprendemento entre a cidadanía mediante a posta á súa disposición dunhas infraestruturas físicas e dunha serie de servizos orientados a crear un contexto que reforce as probabilidades de éxito dun negocio e a supervivencia do mesmo nos difíciles momentos do seu arranque.

O obxectivo xeral e de partida deste proxecto era convertelo nun centro de apoio ao nacemento e á consolidación de empresas, así como nun espazo de fomento do espírito emprendedor e de mellora da competitividade e a innovación nas micro-pemes e pemes.

Os obxectivos xerais do Viveiro son:

• Contribuír ao nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.
• Favorecer a xeración de postos de traballo.
• Promover a diversificación da estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
• Crear un medio idóneo en condicións de prezos e servizos que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións do mercado.
• Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que, polas características da súa actividade, non precisan dun gran espazo físico de ubicación, pero si da infaestrutura, a loxística e os servizos que oferta o Viveiro de Empresas.
• Contribuír ao desenvolvemento e á dinamización do Concello da Estrada e das instalacións do Novo Mercado.

  • IDENTIFICACIÓN DE NICHOS DE AUTOEMPREGO CON POTENCIAL NA ENTORNA MUNICIPAL

Desenvolver información sectorial e empresarial relativa ás actividades empresariais que se levan a cabo no noso municipio, e que analicen as potenciais oportunidades de negocio e emprego no mesmo.

Poñer en marcha actuacións encamiñadas a incentivar a creación de empresas en negocios relacionados coas potencialidades da Estrada.

Desenvolver xornadas e talleres que permitan estimular vocación empresarial en negocios que poidan emerxer.

Realizar diferentes estudios de mercado ao longo do ano para identificar posibles nichos de actividade empresarial.

Impulsar a colaboración entre as diferentes asociacións empresariais da Estrada.

Impulsar o sector do moble; motor da economía estradense.

  • MEDIDAS DE IDENTIFICACIÓN E CAPACITACIÓN DE EMPRENDEDORES E EMPRESARIOS NO ENTORNO MUNICIPAL

Realización de talleres e cursos que permitan identificar persoas con motivación emprendedora no noso concello.

Desenvolver e potenciar a formación en habilidades empresariais.

  • MEDIDAS DE FINANCIACIÓN E ESTÍMULOS FISCAIS DE ÁMBITO MUNICIPAL TENDENTES A FAVORECER O INICIO DE NOVAS ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

Promover e/ou manter bonificación e exencións fiscais de competencia municipal no marco legal vixente, que incentiven o comezo e consolidación do emprendemento e as actividades empresariais, especialmente de aquelas xeradoras de emprego e tamén incentivación da contratación de desempregados empadroados no noso municipio.

Promover a adopción de acordos, tendentes a facilitar o aloxamento de actividades emprendedoras en viveiros/ oficinas, así como servizos e equipamentos comúns en condicións vantaxosas.

  • MEDIDAS DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA E AXILIZACIÓN E REDUCIÓN DE TRÁMITES PARA A POSTA EN MARCHA E CONSOLIDACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

Promover o desenvolvemento e aprobación da normativa necesaria e a modificación dos trámites precisos para propiciar a simplificación e redución das cargas administrativas que afectan aos emprendedores e as PEMES.

Promover a implementación dos dispositivos, trámites ou recursos que fagan posible a efectiva posta en marcha do proxecto.

  • MEDIDAS TENDENTES A REVITALIZAR O SECTOR DO MOBLE

A Estrada, é un concello que entre outras cousas se coñece por ser a capital do moble de Galicia. O sector da madeira a raíz da crise económica que está a sacudir o noso país e que se cebou especialmente cos sectores da construción e a industria, está a ter nos últimos anos dificultades para despegar. Isto aínda máis se temos en conta que cada vez as grandes superficies que ofertan mobiliario a prezos competitivos están máis cerca, polo que os empresarios tradicionais están a ter serias dificultades para subsistir.

Cada mes de setembro desenvólvese na Estrada a Feira do Moble, a cal este ano experimentou unha tendencia á baixa tanto no número de expositores como no de asistentes. É por isto, que dende o departamento de emprego municipal e traballando directamente coa Asociación de Mobleiros estradense, tentaranse buscar medidas e solucións á situación do sector da madeira estradense.

CONTACTO:

Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfonos: 986 677 740 ou 986 570 030 (extensión 4226)

Enderezo postal: Praza da Constitución s/n 1º andar A Estrada (Pontevedra)