imprimir

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA ABRE PRAZO PARA A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS PARA A XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA RENOVABLE PARA USO TÉRMICO E PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTÁICA

21. 01. 18

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421N).

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
c) Xustificación da axuda ante o Inega

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles, a partir 25 de xaneiro de 2021 incluído, desde as 9.00 horas, e para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-281220-0004_gl.pdf