imprimir

LICITACIÓN PARA A CONCESIÓN DE SETE POSTOS NO NOVO MERCADO

16. 12. 15

novomer

O obxecto da licitación é a adxudicación en réxime de concesión de sete postos vacantes no Novo Mercado da Estrada, sito na Rúa Waldo Alvarez Insua e Rúa Padrón, que se relacionan de seguido, conforme aos pregos de condicións que rexen a contratación.

Establecese como prezo mínimo de licitación para cada un dos postos os seguintes importes:

• Posto nº 3: con 13,90 metros cadrados. 139 euros mes.
• Posto nº 4: con 9,65 metros cadrados. 96,50 euros mes
• Posto nº 8: con 13,80 metros cadrados. 138 euros mes
• Posto nº 9: con 13,80 metros cadrados. 138 euros mes
• Posto nº 12: con 13,35 metros cadrados. 133,5 euros mes
• Posto nº 13: con 13,35 metros cadrados. 133,5 euros mes
• Posto nº 14: con 16,80 metros cadrados. 168 euros mes

O canon poderá ser mellorado á alza polos licitadores, na súa oferta, sendo rexeitadas aquelas proposicións que se presenten nas que se ofreza un prezo inferior ao indicado.

Prazo: 30 de decembro de 2016

Bases e procedemento: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/12/15/2016043695