imprimir

TRABALLACHES NO REINO UNIDO E A TÚA VOLTA A ESPAÑA NON SABES QUÉ PASARÁ COAS TÚAS COTIZACIÓNS?

22. 11. 11
O Reino Unido abandonou a Unión Europea o 31 de xaneiro 2020.
 
Tras iso, ábrense diferentes posibilidades en materia de protección por desemprego para as persoas traballadores españolas ou nacionais de estados membros tras a retirada de Reino Unido.
 
Comproba se te atopas nun dos seguintes 3 casos:
 
1.- Volvín a España e traballei á miña volta . Agora estou en situación legal de desemprego. Nese caso, poderás utilizar as cotizacións que xeraches en Reino Unido se cumpres estes requisitos:
a) Ter a túa residencia en España
b) Acreditar os períodos que traballaches en Reino Unido antes e despois do Brexit a través do formulario U1 que debes solicitar antes de saír de UK ou, xa en España, o SEPE solicitará a información a UK.
 
2.- Teño dereito a algunha prestación se retornei a partir do 1 de xaneiro de 2021 e non traballei en España desde o meu regreso? Estas son as túas opcións:
a) Prestación contributiva: Se tes suficientes cotizacións anteriores á saída de España (360 días)
b) RAI emigrante retornado: se non tes cotizacións suficientes e cumpres os requisitos necesarios para acceder a RAI.
3.- Xibraltar – Situacións especiais
 
a) Fronteirizos (resides en España e traballas en Xibraltar): a normativa comunitaria establece que paga o país de residencia.
b) Emigrantes retornados: Se es español residente en Xibraltar con, polo menos, doce meses de traballo alí no últimos seis anos. Tamén as persoas emigrantes que retornan poden acceder á RAI se cumpren requisitos de acceso.
c) Traballadores migrantes (residen e traballan en Xibraltar) suxeitos á lexislación de Reino Unido antes do 31.12.2020: utilizar as cotizacións de Xibraltar ao teu regreso se traballas en último lugar en España.