imprimir

COÑECES O ALCANCE DA LEI DE FAMILIAS APROBADA POLO GOBERNO PARA FACILITAR A CRIANZA E A CONCILIACIÓN?

23. 03. 31

👉🏼Recoñece os distintos tipos de familias.

👉🏼Facilita a crianza e a conciliación.

👉🏼Recolle un novo marco de dereitos: medidas para as numerosas, LGTBI, con membros con discapacidade, adoptivas ou acolledoras, entre outras.

👉🏼Amplíanse dereitos para as parellas de feito, que terán acceso, por exemplo, aos 15 días de permiso por rexistro.

👉🏼 As familias monomarentales con dúas ou máis fillos/as equipararanse en dereitos ás familias numerosas.

👉🏼Esténdese a renda crianza de 100 € mensuais por fillo de 0 a 3 anos a familias que estean a percibir prestacións contributivas ou subsidios de desemprego.

👉🏼As que traballan a tempo parcial ou temporal cobrarán a dedución reembolsable do IRPF completa e non en proporción.

👉🏼Recoñécense outros dereitos importantes como o acceso universal á atención temperá, gratuíta e de calidade e non limitada á primeira infancia

👉🏼Novos permisos  para favorecer a conciliación:

✔️5 días do permiso por accidente ou enfermidade graves, hospitalización, intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario ata 2º grao ou convivente.

✔️Permiso de 8 semanas, que poderá gozarse de forma continua ou descontinua, a tempo completo ou parcial ata que o menor cumpra 8 anos. Aplicarase de maneira progresiva: con 6 semanas en 2023 e alcanzando as 8 semanas en 2024.

✔️Permiso “por causa de forza maior” que permitirá ausentarse do traballo cando haxa motivos familiares urxentes e imprevisibles como no caso dunha enfermidade ou un accidente. As horas de ausencia retribuídas alcanzarán ata os 4 días ao ano.