DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA O 1º PROGRAMA DE CRECEMENTO EMPRESARIAL

22. 09. 06

Este programa está dirixido a pemes, persoas autónomas e a persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra, que acaban de iniciar a actividade do seu proxecto e buscan impulsalo ou a aquelas que buscan consolidalo, reorientalo ou lanzar novas liñas de negocio, especialmente na comarca de Deza e Tabeirós. Co fin de brindarlles apoio, levarase a cabo un itinerario de obradoiros formativos vinculados ao crecemento empresarial, ademais de asesoramentos personalizados. Por outra banda, as mellores iniciativas emprendedoras recibirán unha dotación económica como premio.

 

Esta primeira convocatoria do Programa de Crecemento Empresarial realizarase entre o 1 de outubro e o 1 de decembro no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Lalín 2000, parcela E 36500 - Lalín), priorizando os asesoramentos e actividades formativas de forma presencial, aínda que existirá a posibilidade de realizar os asesoramentos de forma telemática. 

 

Aquelas persoas emprendedoras que queiran participar poderán obter máis información a través da nosa páxina web facendo clic AQUÍ: https://smartpeme.depo.gal/gl/-/convocatoria-del-i-programa-de-crecimiento-empresarial-de-lalin-en-colaboracion-con-la-fundacion-roberto-rivas?redirect=https%3A%2F%2Fsmartpeme.depo.gal%2Fgl%2Factualidad%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_aqaz222AgrMs%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D2.

E aquelas que queiran inscribirse, terán que facelo a través de sede electrónica facendo clic AQUÍ: https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/129453167

 

O prazo límite para inscribirte e participar é o 20 de setembro ás 23:59, non te quedes sen a túa praza!

 

Se queres inscribirte ou facer algunha consulta podes escribirnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao 886 202 020